o aparato dixestivo
O aparato dixestivo é o encargado de transformar os alimentos que lle chegan en nutrientes necesarios para o corpo.
O aparato dixestivo humano ten dous compoñentes: o tubo dixestivo e as glándulas dixestivas.

o tubo dixestivo
O tubo dixestivo estña formado pola: boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado, intestino groso e ano.
-A boca é o orificio de entrada do tubo dixestivo e queda pechada polos labios superior e inferior. No seu interior encóntrase a lingua, un órgano formado principalmente por un músculo, sen o cal non poderíamos tragar, nin notaríamos a penas o sabor dos alimentos. A boca comunícase con esófago a través da farinxe.
-O esófago é un tubo duns 25 cm de longo que une a boca co estómago. Discorre polo colo entre a traquea e a columna vertebral e, antes de alcanzar o estómago, atravesa o diafragma.
-O estómago é un órgano en forma de saco que ten unha capacidade aproximada dun litro e medio. A parede interna do estómago contén millóns de diminutas glándulas dixestivas que fabrican o suco gástrico.
-O intestino delgado ten forma de tubo e esténdese desde o píloro ata o intestino groso. Mide uns 5 metros de longo e está enrolado no interior do abdome. Divídese en tres partes: duodeno, xexuno e íleo.
-O intestino groso é un tubo máis groso e máis curto ca o intestino delgado. Mide 1,5 metros de lonxitude, e uns 10 centímetros de grosor. Divídese en tres partes: cego, colon e recto.
-O ano é o orificio de saída do tubo dixestivo.

as glándulas dixestivas
Son un conxunto de lándulas encargadas de producir os sucos dixestivos. Son: As glándulas salivares, gástricas, fígado, páncreas, glandulas intestinais.
GLÁNDULAS SALIVARES
Producen a saliva, o primeiro suco dixestivo que actúa sobre os alimentos. A saliva está formada principalmente por:
-Auga
-Mucina
-Amilasa salivar
-Substancias bacterizadas
GLÁNDULAS GÁSTRICAS
Producen o suco gástrico. Está composto por:
-Ácido clorhídrico (HCI)
-Pepsina
O FÍGADO
É un órgano de gran tamaño. Pesa 1,5 kg, e está situado na parte dereita do abdome, debaixo do diafragma. Produce a bile.
O PÁNCREAS
Está situado debaixo do estómago. Mide uns 15 cm e ten forma de lingua. Segrega o suco pancreático e vérteo no duodeno.
AS GLÁNDULAS INTESTINAIS
Procuden o suco intestinal.