Os actos reflexos
Os actos reflexos son respostas do Sistema Nervioso Central que non se producen no encéfalo, senón na médula espiñal, onde tan só interveñen dúas neuronas: unha sensitiva e outra motora.
Un exemplo dun acto reflexo é o reflexo rotuliano. Outros son:
-O reflexo de retirada: ante un estímulo doloroso na pel, como poñer a man en contacto cun obxecto moi quente, etc -O reflexo aquíleo: ao golpear o tendón de Aquiles flexiónase a planta do pé. -O reflexo pupilar: ao iluminar un ollo contráense as pupilas de ambos. |