o sistema sanguíneo
O sistema sanguíneo está formado polo sangue, os vasos sanguíneos e o corazón.
o sangue
O sangue é un líquido espeso, viscoso, de cor vermella, que circula polos vasos sanguíneos. Está formado por unha parte líquida chamada plasma, na que hai células en suspensión: os glóbulos vermellos, os glóbulos brancos e as plaquetas.
OS GLÓBULOS VERMELLOS
Os glóbulos vermellos ou eritrocitos son unhas células con forma de disco esmagado na parte central, sen núcleo. A súa función é o transporte de osíxeno desde os pulmóns a todos os órganos e tecidos do corpo.
Son as células máis abundantes do sangue. Son de cor vermella porque conteñen hemoglobina, unha proteína que ten ferro, que é desta cor.
OS GLÓBULOS BRANCOS
Os glóbulos brancos ou leucocitos son células sanguíneas con núcleo e cun tamaño algo maior ao dos glóbulos vermellos, cuxa misión é a defensa do organismo fronte ás infeccións. Son moito menos numerosos que os glóbulos vermellos.
Existen tres tipos de leucocitos con aspectos e funcións distintas: granulocitos, linfocitos e monocitos.
· Os granulocitos caracterízanse por ter glándulas no seu citoplasma e un núcleo formado por varios lóbulos. Son células fagocitarias que destrúen microorganismos mentres os engulen.
· Os linfocitos teñen un citoplasma sen gránulos e un núcleo esférico que ocupa gran parte da célula. A súa función é producir anticorpos, as proteínas que nos defenden dos microbios.
· Os monocitos son células de gran tamaño sen gránulos no citoplasma e un núcleo grande en forma de ril. Tamén son células fagocitarias.
AS PLAQUETAS
As plaquetas, tamén chamadas trombocitos, son moito máis pequenas que os eritrocitos ou os leucocitos e non teñen núcleo. A misión das plaquetas é a coagulación do sangue cando se produce a rotura do vaso sanguíneo.
Cando se produce unha ferida e os vasos sanguíneos resultan danados, as plaquetas liberan substancias que desencadean a formación. O coágulo está formado por fibras dunha proteína do plasma, o fibrinóxeno, que forman unha malla, e as células sanguíneas que quedan atrapadas nela. A súa función é taponar a ferida para impedir, por un lado, que saia o sangue e , por outro, que entren microorganismos.

O CORAZÓN
O corazón é un órgano oco, do tamaño aproximado dun puño, formado por un tecido muscular específico chamado miocardio ou tecido muscular cardíaco.
O corazón está formado por catro compartimentos ou cámaras, dúas superiores chamadas aurículas e dúas inferiores ou ventrículos. As paredes das aurículas son finas. Sen embargo, as paredes dos ventrículos, especialmente as do ventrículo esquerdo, son grosas e musculosas.
Ás aurículas van parar as veas que conducen o sangue ao corazón. Dos ventrículos saen as arterias que conducen o sangue cara aos órganos. As veas coronarias, que percorren o corazón de arriba abaixo, abastecen o corazón.
Nunha sección do corazón pode verse que as aurículas están conectadas cos ventrículos por uns orificios provistos dunha válvula:
- A válvula tricúspide entre a aurícula dereita e o ventrículo dereito.
- A válvula mitral ou bicúspide entre a aurícula esquerda e o ventrículo esquerdo.

OS VASOS SANGUÍNEOS
Existen tres tipos de vasos sanguíneos: arterias, veas e capilares.
· Arterias: son os vasos que conducen o sangue desde o corazón aos órganos. As súas paredes son elásticas e resistentes porque teñen unha grosa capa de tecido muscular.
· Veas: son os vasos que levan o sangue de volta desde os órganos ata o corazón. As paredes das veas ao ter menos músculo son máis finas polo que, para un mesmo grosor, o seu diámetro interno é maior que o dunha arteria.
· Capilares: son os vasos que conectan as arterias coas veas. Son microscópicos, e as súas paredes, extraordinariamente finas, están formadas por unha soa capa de células, o que permite a difusión de gases ao seu través.
Os vasos sanguíneos forman dous circuítos:
· O circuíto menor ou pulmonar. O sangue entra na aurícula dereita e pasa ao ventrículo dereito. De alí sae pola arteria pulmonar, que conduce o sangue aos pulmóns. Despois, regresa ao corazón polas veas pulmonares que a verten na aurícula esquerda. A finalidade deste circuíto é conducir o sangue aos pulmóns para que se osíxene.
· Circuíto maior. O sangue que chega á aurícula esquerda pasa ao ventrículo esquerdo que o impulsa cara á arteria aorta. Esta arteria ramifícase e dá lugar ás distintas arterias que distrubúen o sangue por todos os órganos e tecidos do corpo. O sangue regresa á aurícula dereita do corazón polas veas cavas superior e inferior que recollen o sangue que achegan as veas procedentes dos distintos órganos e partes do corpo. A finalidade deste circuíto é facer chegar o sangue cargado de osíxeno e nutrientes a todas as células do noso corpo.