aparato respiratorio
Os seres humanos necesitamos o aire para vivir.Para captar o osíxeno o noso corpo utiliza os pulmóns, unha das partes do aparato respiratorio.
O aparato respiratorio está formado: polas vías respiratorias e os pulmóns. A súa función é captar o osíxeno que o noso corpo necesita desprender o dióxido de carbono que produce.
O aparato respiratorio está formado: polas fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea, os bronquios e os bronquiolos.

vias respiratorias
-Fosas nasais: son as vías de entrada e saída do aire
-Farinxe: é unha cavidade común ao aparato dixestivo e ao aparato respiratorio
-Larinxe: contén as cordas vocais, que emiten sons cando vibran polo paso do aire
-Traquea: é un tubo duns 12 cm de lonxitude e uns 2 cm de diámetro. Está situada diante do esófago, percorre o colo e, ao penetrar no peito, divídese en dúas ramas e dá lugar aos bronquios.
-Bronquios: son as dúas ramas en que se divide a traquea. Cando penetran nos pulmóns subdivídense moitas veces, denominándose bronquiolos.
-Bronquiolos: son os tubos mais finos en que se dividen os bronquios. Acaban nuns sacos membranosos chamados sacos aéreos.

pulmóns
Os pulmóns son dous órganos elásticos e esponxosos, de cor rosada, que ocupan case a totalidade do tórax.
O pulmón dereito é maior que o esquerdo e está dividido por dúas canles en tres partes chamadas lóbulos. Cando os bronquios penetran nos pulmóns ramíficanse cada vez máis, ata que dan lugar a uns tubos moi finos chamados bronquiolos. O conxunto dos bronquiolos e todas as súas ramificacións recibe o nome de árbore bronquial. Os bronquios desembocan nos sacos aéreos. Cada saco aéreo está formado por alvéolos.