SISTEMA NERVIOSO
RELACIÓN E COORDINACIÓN
A función de relación permítenos coñecer o entorno que nos rodea. Os cambios que se producen nel son os estímulos, que son recollidos polos órganos dos sentidos, chamados órganos receptores. Estes últimos son estructuras especializadas en obter información do medio e enviala ao sistema nervioso. A información recibida é analizada polos receptores e interpretada. É algo que fai o sistema nervioso. Este, ademais, elabora unha resposta e envía a orde, en forma de impulsos nerviosos, para que se execute. Por último, os órganos efectores son os que executan dita resposta, que pode ser de dous tipos: ·Produción de determinadas substancias químicas: a cargo das glándulas ·Algún tipo de movemento: realizado por músculos. Ademais o corpo debe coordinar todas as funcións do corpo: dixestión, respiración, circulación, mantemento da temperatura corporal, etc. |
AS CÉLULAS DO TECIDO NERVIOSO
O tecido nervioso está composto por varios tipos de células.
-Neurona: É a célula fundamental, xeran e transmiten impulsos nerviosos.
-Células de Glía: Son as mais abundantes, a súa función é soster, protexer e alimentar as neuronas.
ORGANIZACIÓN DO SISTEMA NERVIOSO
-SISTEMA NERVIOSO CENTRAL
-SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO
-SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO: Composto por partes do Sistema Central e Periférico. Está formado por duas partes:
·Sistema simpático: Prepara o corpo para situacións de tensión que requiren un esforzo e o aumento do gasto de enerxía.
·Sistema parasimpático: Produce unha relaxación no corpo, o que provoca, en xeral, unha disminución do consumo de enerxía.